×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

 

Cunha superficie total de 64 Ha abranguerá o val do río San Vicenzo creando un corredor ecolóxico por Gradín, Paradela, Tourón e Taboadelo

 

Ponte Caldelas, 26  de decembro de 2018

O Concello de Ponte Caldelas está a impulsar o deseño do seu primeiro Parque Forestal despois de ter concorrido ás subvencións para este fin convocadas pola Deputación de Pontevedra. O equipo municipal traballa na planificación dunha superficie 64 Hectáreas que se reparte por o val do río San Vicenzo, ao longo dos montes e as contornas de Paradela e Gradín e abrangue tamén a área arqueolóxica de Tourón e o campo de Taboadelo.

O proxecto do Parque Forestal de Ponte Caldelas, cun orzamento de 10.971,43 euros, dos que a Deputación subvenciona o 80% e o Concello achega o 20% restante, permitirá crear un corredor ecolóxico, seguindo o curso deste río, afluente do Verdugo. Un espazo que acabaría coa fragmentación do bosque de ribeira e prados húmidos existentes, buscando unha continuidade que serva como corredor ecolóxico, tanto para as especies vexetais como para a fauna. Non en van identificáronse un total de 26 especies de anfibios, réptiles, aves e mamíferos, varias delas ameazadas e/ou recollidas na directiva Habitat.

O Parque Forestal está tamén concibido como un escudo contra o lume, toda vez que a vexetación frondosa autóctona presenta unha maior resistencia que as invasoras (eucaliptos, piñeiro ou acacias). A elección deste espazo non é casual. O Plan Marco de Xestión Integrada da Mancomunidade de Montes de Ponte Caldelas, do ano 2008, xa contempla a valgada de San Vicenzo como un dos espazos mellor conservados do concello.

Os terreos incluídos pertencen tanto a comunidades de montes como a propietarios particulares, cos que se está a falar para a corta das invasoras, limpeza e venta conxunta da madeira antes de proceder á revexetación con especies autóctonas.

O futuro Parque Forestal atesoura tamén importantes valores culturais que podemos situar na Idade de Bronce, como a área arqueolóxica de Tourón; na Idade de Ferro, como o castro de Tourón; así como abundantes elementos de etnografía popular construídos do século XII en diante, como pontellas, muíños, camiños empedrados, cruceiros e mesmo arquitectura relixiosa.

O Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) prevé a roza e sinalización dun novo sendeiro de 10 Km que conectaría os núcleos dando continuidade ao de San Vicenzo, chegando ata Taboadelo. En Gradín actuaríase nunha área de 6 Ha realizando mantemento da área de defensa da aldea e creando pequenas infraestruturas para o gando. No propio val do San Vicenzo (33 Hectáreas) eliminaríanse as especies invasoras para substituílas por vexetación autóctona, actuacións de recuperación de microhábitats para a fauna ameazada, consolidación de muíños e mellora do sendeiro de San Vicenzo. En Tourón (16 Ha) prevese a eliminación das acacias que hai na zona próxima á estación rupestre do Nabal de San Martiño. Finalmente, en Taboadelo (9 Ha) quérese podar e rozar as masas de frondosas, tratar os castiñeiros queimados no monte Abelán e, finalmente, poñer en valor a contorna dos seus cruceiros.

O proxecto contempla tamén o impulso no futuro dende o Concello para acadar a declaración do val de San Vicenzo como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), para o que será necesario delimitalo axeitadamente e elaborar os plans coas normas de uso e aproveitamento, así como a identificación dos valores a protexer.

Ao tempo contémplase a actuación directa sobre o castro da Cidade de Tourón, superando a dificultade de que trátase dunha propiedade particular dividida en 63 fincas. Actualmente está invadido de eucaliptos que arderon nos anos 2006 e 2017, polo que se propón a súa limpeza, corta e extracción da madeira e elaboración dun proxecto de divulgación.

Finalmente, proponse un plan de visitas guiadas, a posibilidade dun campo de traballo e de voluntariado ambiental.

 

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP