Badns

As obras foron realizadas pola Deputación a petición do Concello

Os lugares de Pazos, Parada, Taboadelo e Xustáns  estrearon esta semana cinco elementos redutores da velocidade, colocados en estradas provinciais ou locais. As obras foron realizadas pola Deputación Provincial dentro do seu plan de obras, a solicitude do Concello de Ponte Caldelas.

O Goberno local de Ponte Caldelas, apoiado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, aceptou ás peticións, realizadas en todos os casos polos veciños, e pactou con eles os puntos onde se colocaron este tipo de elementos. A localización decidiuse tamén con criterios técnicos para que os redutores foran realmente efectivos no control da velocidade.

As obras concluíron estes días co pintado da sinalización horizontal e a instalación dos sinais verticais, pois cada saínte está acompañado de indicadores da irregularidade no firme e de limitacións de velocidade a 30 quilómetros por hora.

A veciñanza acolleu con satisfacción estas obras, pois no caso de Pazos rexistrábanse velocidades excesivas, especialmente no sentido de baixada, polo que foi necesario regulala a ambos lados da primeira curva que dá acceso a este núcleo.

No caso de Parada, optouse por colocar un “badén” antes da curva de entrada da estrada provincial dende Xustáns, pois xa se teñen producido varias saídas de vía nos últimos anos ao coincidir este punto, localizado tras un tramo que invita a pisar o acelerador, con varias vivendas.

Finalmente, o Concello estimou as suxestións veciñais de colocar redutores a carón da igrexa de Taboadelo e xunto a un dos principais cruces de Xustáns, onde tamén era preciso non só limitar a velocidade, senón mellorar a seguridade viaria dos peóns.

O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras e comprobou que, aínda que é necesario corrixir un par de pequenos detalles, están realizadas correctamente.

Díaz explicou que, ata o de agora, non houbo máis peticións veciñais, pero se se producen se estudarán axeitadamente, porque a liña do Goberno local de Ponte Caldelas pasa, necesariamente, por pactar a  colocación e situación dos “badéns” coa veciñanza.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

Festas das Dores Ponte Caldelas 255x3493

CARTELESCURSIONACORUA3DESEPTIEMBRE2017

xantacaldelas 

CARTELVIAXEPRAIADASCATEDRAIS

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP