Balanzo2anos

A publicación será repartida a toda a veciñanza para dar conta do labor de transformación realizado no municipio “tras os 40 anos da dereita”

Ponte Caldelas ten mellorado moito nos dous últimos anos. O cambio democrático operado pola vontade popular tras 40 anos de gobernos da dereita manifestouse no nacemento do tripartito que forman PSdeG-PSOE, AVP e BNG, que vén de cumprir dous anos marcado pola unidade de acción e a responsabilidade na toma de decisións, poñendo sempre por diante os intereses da veciñanza.

O Goberno local eludiu calquera acto público de celebración do paso de ecuador do mandato e decidiu limitarse á publicación dun boletín informativo a 16 páxinas nas que dá conta dos fíos condutores da transformación realizada, tanto na xestión municipal, como no diálogo coa veciñanza, na dinamización do Concello e na súa proxección. “Non hai nada que celebrar porque queda moito traballo por diante, pero si hai moito do que informar, como corresponde a un goberno progresista e que aspira a ser un modelo de transparencia e de relación directa coa xente”, afirma o alcalde, Andrés Díaz.

O documento ábrese cunha imaxe do Goberno local ao completo baixo o título “Traballando coas portas abertas e as contas saneadas” e céntrase na seriedade da política económica, reducindo a débeda herdada de 1 millón de euros a pouco máis de 500.000 euros, na imaxinación á hora de abordar os retos, o diálogo e a sensibilidade social.

A lixeira recuperación de poboación experimentada o ano pasado, despois de máis dunha década de caída constante, que levou a Ponte Caldelas a pasar de 7.000 a 5.500 habitantes, constitúe outro dos puntos abordados. Xunto a este fito fálase das políticas de emprego derivadas dos acordos coas empresas do polígono da Reigosa, que teñen suposto a creación dun cento de postos de traballos, ocupados fundamentalmente por mulleres do municipio.

O tripartito destaca a redución na fiscalidade municipal, que se ten manifestado nas baixadas nos recibos da auga para toda a veciñanza e bonificacións adicionais para familias numerosas ou persoas en risco de exclusión. Tamén no recibo de circulación de vehículos e nas taxas por uso de instalacións deportivas e por visitas guiadas a área arqueolóxica de Tourón.

O seguinte apartado é a dinamización social e cultural do municipio, que vai dende o Entroido do Verán á chegada do campus de fútbol Alcántara, pasando polas degustacións da festa da troita por todas e cada unha das parroquias. Sen esquecer a Festa Gastronómica da Emigración, a Subida a Ponte Caldelas do Campionato Galego de Rally de Montaña ou os concursos de tapas. Todo elo converteu xa a Ponte Caldelas nunha referencia e nun incremento na atracción de visitantes.

Un apartado específico detense na loita para  acadar as obras da estrada autonómica PO-234, na que se sitúan as perigosas curvas de Laxoso. O Concello lembra o traballo conxunto coa Plataforma Veciñal de Ponte Caldelas e Cotobade e as dúas manifestacións populares que obrigaron á Xunta de Galicia a dar o brazo a torcer. Máis aínda, inclúe unha nota de prensa oficial da Xunta do ano 2011, na que xa se prometían as obras dun xeito inminente, incluídas as expropiacións. O actual Goberno caldelán explica que agora mesmo foi necesario tomar a iniciativa para propoñer a sinatura dun convenio, pioneiro en toda España, polo que o Concello comprometeuse a pagar as expropiacións como fórmula para  acabar coas escusas da Xunta. “Dá igual, poñemos o interese público por enriba das liortas e do politiqueo”, conclúe este apartado.

O Concello de Ponte Caldelas detense tamén en explicar as “solucións imaxinativas” que tivo que poñer enriba da mesa para defender Ponte Caldelas. Así, ademais da PO-234, recolle o aluguer simbólico á rexistradora da propiedade das antigas oficinas de Turismo, como fórmula para evitar a perda deste servizo por mor dos recortes do Goberno de Mariano Rajoy. Pero aborda tamén o expediente urbanístico aberto ás empresas do tanatorio para que arranxaran o edificio, o que obrigounas a investir 127.000 euros e, por tanto, á inminente reapertura. Finalmente, mantén sobre a mesa a proposta de convenio coa Consellería de Educación para  dotar de comedor ao colexio da Reigosa.

A defensa constante dos intereses de Ponte Caldelas caracterizou estes dous intensos anos. Quedou patente coas tres protestas realizadas pola negativa da Xunta a abrir a Casa da Quintán, completamente restaurada cun gasto público de 500.000 euros, como centro social. A reivindicación de axudas para o mantemento e promoción da área arqueolóxica de Tourón; a esixencia do desbloqueo urbanístico á Central de Transportes da Reigosa, que está a impedir a concesión de licenzas. A última iniciativa foi a denuncia pública pola “zona de sombra” no mapa de emerxencias de Galicia, con tempos de resposta para os bombeiros que chegan ata as dúas horas.

O Goberno caldelán presume de ter solucionado chapuzas herdadas, comezando polo burato da débeda, e pasando polo muro de Taboadelo, o saneamento de Buchabade, ou o conflito laboral no Centro de Información á Muller, que supuxo dúas condenas contra o Concello por mor da nefasta xestión anterior do anterior equipo municipal do PP, que converteu, pola vía dos feitos, a dúas traballadoras autónomas en laborais fixas, cun importante custo para as arcas municipais.

O asfaltado integral no paseo da Calzada, dotándoo de carril bici, e todas as obras nas parroquias, todas elas pactadas e faladas coa veciñanza en asembleas abertas, “sen intermediarios e sen conseguidores”, son outro dos fitos. A regulación da vida municipal con ordenanzas que obrigan a limpar a maleza das fincas ou a ordenar a colocación de mesas e cadeiras dos bares, son outro punto.

O balanzo conclúe cunha breve declaración de cada un dos tres grupos municipaisi que sustentan o Goberno local en total harmonía e unha recompilación dalgúns titulares que xa sitúan a Ponte Caldelas como a mellor opción residencial no interior da provincia, pola calidade de vida, a baixa presión fiscal e a beleza da súa paisaxe.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP