O acceso, que estaba nunha situación moi deficiente, quedou perfectamente asfaltado e transitable
Os vehículos de emerxencias sanitarias xa poden acceder en condicións axeitadas a unha vivenda situada ao final dun camiño veciñal situado na parroquia de Caritel. Queda así solucionado outro problema que se viña arrastrando dende hai anos e que o actual equipo de Goberno, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, se comprometera a resolver.
O camiño conecta perpendicularmente coa estrada autonómica en pleno centro de Caritel e ten unha lonxitude un chisco superior aos 100 metros. Dá acceso a dúas vivendas, pero unha delas ten tamén entrada pola estrada. Sen embargo , á segunda, na que reside unha persoa con problemas de saúde, que ten requirido atención do servizo de ambulancias en varias ocasións, só dispón desta comunicación.
O propio afectado reclamou esta obra e o Goberno municipal aceptou redactar un proxecto e acometela no marco da contratación dun paquete de obras de melloras en conexións veciñais. Unha vez finalizados todos os trámites administrativos, un procedemento que se retrasou pola obriga de pedir permisos a Augas de Galicia para algunhas das actuacións incluídas, a mellora quedou rematada esta mesma semana.
O alcalde, Andrés Díaz, visitou a obra e comprobou a calidade da execución. Os operarios aplicaron unha capa de 4 centímetros de aglomerado asfáltico e consolidaron previamente o antigo pavimento de terra, que se atopaba nunha situación lamentable tras ser parcheado en varias ocasións con cachotes.
VI BTT TROITA CELEBRARASE O 26 DE OUTUBRO ÁS 16:00
3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.