IMG 1121

Emotiva despedida  do “mestre que sentaba nos pupitres”

Un nutrido grupo de compañeiros, pais e tamén ex-alumnos asistiu hoxe aos actos de homenaxe a Juan Ramón Boga Corbacho, profesor do colexio Manuel Cordo Boullosa, que se xubila tras 35 anos de exercizo profesional neste centro. Os actos celebráronse na Casa do Concello de Ponte Caldelas, con participación do alcalde, Andrés Díaz, e do concelleiro e tamén director do “Cordo”, Manuel Barreiro.

O homenaxeado chegou nunha calesa de Hípica Amazonas e recibiu un aplauso á súa entrada na sede municipal con todos os asistentes situados no vestíbulo e na escaleira que conduce á Alcaldía e o salón de plenos. Nos discursos de diversas persoas destacouse que Juan Ramón foi sempre un mestre amable que traballaba non só contidos curriculares, senón tamén os valores. Foi descrito  como o profesor que sentaba nos pupitres a dar as clases. E tamén como o operario de mantemento na sombra, sempre capaz de desmontar unha impresora ou de arranxar unha porta, o que lle valeu o alcume de “McGyver”.

Os actos concluíron coa actuación do músico Martiño Malleiro, ex-alumno e natural de Portasouto, acompañado de Amelia Ónega. A continuación un grupo e gaitas e  pandereteiras  dedicoulle unhas coplas nas que se repasou a súa traxectoria profesional.

Interviron tamén Andrés Díaz e Manuel Barreiro, que agradeceron o cariño por Ponte Caldelas deste mestre, natural de Xeve, que atopou no municipio capital do Verdugo o seu segundo fogar. Entregáronlle como agasallo institucional unha escultura do pescador do río.

Juan Ramón destacou que polas súas mans pasaron máis de 1.500 alumnos, que recibiron clases de Ciencias Naturais e/ou Matemáticas. Destacou que tivo alumnos moi brillantes que hoxe fan exitosas carreiras  profesionais e lembrou que o mellor que tivo foi un rapaz de Regodobargo que, dende moi cativo, tivo claro que quería ser cociñeiro.

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP