Dinamicalfortepresentacin

Inclúe máis de 80 “comprimidos” en forma de actividades que comezan este mes de xuño e chegan ata o mes de outubro

Unha medicina completamente gratuíta contra o aburrimento, que se presenta no formato dunha caixa de 80 comprimidos para tomar entre este mes de xuño e o próximo outubro. Así aparece este ano o programa de festas de verán de Ponte Caldelas. Chega o Dinamical forte.

O programa de festas máis terapéutico ten como principio activo “100% Caldelina” (esencia de Ponte Caldelas) e aparece como a última creación do “laboratorio Ponte Caldelas está de moda!” . Debe tomarse sen moderación algunha e manterse preto dos nenos, adultos e maiores.

O Goberno local de Ponte Caldelas e a asociación de comerciantes (Coempo) colaboran para poñer na rúa un programa que chega cun formato fresco e renovado e que aposta pola promoción comercial. O Dinamical forte se presenta, ademais, como un tratamento que debe complementarse mercando en Ponte Caldelas, porque iso aumenta a autoestima, é máis cómodo “e supón un beneficio para todos”.

Ao acto de presentación, encabezado polo alcalde, Andrés Díaz, asistiron tamén os presidente e o tesoureiro de Coempo, Suso Peleteiro e Diego Rodríguez, que aplaudiron esta profunda transformación do programa de festas, que non queda só na estética do documento de man, senón que se aprecia na variedade e cantidade das actividades. Estiveron tamén presentes varios concelleiros en representación do Goberno local tripartito, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG.

A distribución do programa, do que se imprimiron 15.000 exemplares para acadar unha ampla difusión, comezou onte e produciu un fondo impacto, como confirmaron os representantes comerciais, que están recibindo moitos comentarios dos seus asociados e clientes.

O formato fármaco acentúase coa inclusión dun prospecto no que se detallan as características deste singular medicamento, que carece de contraindicacións e está especialmente recomendado “para cando non se sabe que facer”. Tan só se advirte, como medida precautoria, que a “Caldelina” pode producir adicción e desexos imperiosos de empadroarse.

O programa de Verán de Ponte Caldelas comeza co recente homenaxe ao taberneiro Pereira, celebrado o pasado día 3, así como outros actos celebrados durante esta semana. Concede un destacado especial ao Entroido de Verán que se celebra este próximo sábado, día 17.

O seguinte apartado céntrase na segunda edición da Festa Gastronómica do Emigrante, que chegará na fin de semana do 7 ao 9 de xullo. O eixe principal chega coas Festas das Dores, entre o 25 e o 29 de agosto, que terán como puntos culminantes o concerto de música electrolatina Caldelas Xove e a actuación, o domingo, do Combo Dominicano.

O Dinamical forte é unha aposta clara pola cultura, especialmente polo teatro ao que dedica preto dunha ducia de eventos en diferentes formatos para todos os públicos, coa representación da obra O Furancho, a cargo da compañía “Ibuprofeno teatro” como estandarte. O deporte será tamén elemento esencial coa segunda edición da subida a Ponte Caldelas, encadrada no Campionato Galego de Rally de Montaña.

Destaca, ademais, a organización dunha actividade de prevención de afogamentos, que se ofrecerá na praia fluvial de A Calzada ao comezo da temporada de baño, así como a cada vez máis consolidada programación de andainas polos roteiros do municipio e de excursións de lecer para as fins de semana.

A gastronomía, como sempre é peza fundamental, e vólvese organizar o concurso “Caldelas Tapas” durante as noites de venres de xullo despois do éxito das dúas primeiras edicións. Neste mesmo eido, ademais da II Festa do Emigrante, chega unha xornada de convivencia veciñal cunha comida popular na Alameda baixo o nome de XantaCaldelas.

O punto final está na inclusión da totalidade das festividades relixiosas e romarías do municipio, que teñen un apartado propio neste programa de man despois dun intenso esforzo de recompilación, realizado parroquia por parroquia.

Andrés Díaz subliña que, con independencia do formato, o máis importante do programa de festas de Ponte Caldelas é a amplitude. “Creo que ofertamos un conxunto de actividades que están á altura do que fan cidades de moito maior tamaño”. Engadiu que “vistas en conxunto, forman un paquete de lecer e cultura do que podemos estar moi orgullosos”.

O alcalde recalca tamén a colaboración con Coempo, que se deriva da idea de que o Concello debe ir sempre da man do empresariado local. “Conxugar nun só documento a programación das festas coa promoción do comercio local”, afirma Andrés Díaz, “é unha medida que busca complementariedade, que busca complicidade e que demostra que as festas son un investimento se se deseñan e organizan para atraer xente ao municipio, que é o mesmo que atraer xente ao noso comercio”.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP