SOLICITUDE PARTICIPACIÓN ENTROIDO

........................................................................

PRIMEIRA.- O DESFILE DO CONCURSO DE ENTROIDO DE VERÁN 2017 celebrarase o sábado 17 de xuño de 2017, ás 21:00 horas . A concentración dos participantes será a partir das 19:30 horas no Paseo Manuel Cordo Boullosa (rúa que conduce á Praia Fluvial de A Calzada). Nesta zona estará habilitado o espazo de aparcamiento de coches e autobuses dos participantes. O recorrido a levar a cabo será o seguinte: saída dende o Paseo Manuel Cordo Boullosa, incorporación á Rúa da Ponte, xirando por Avenida de Vigo, Rúa Marín e rematando na Alameda de Ponte Caldelas. A reunión do Xurado e a entrega de premios levarase a cabo a continuación no Centro Cultural da vila.

SEGUNDA.- Poderán participar tódolos que se inscriban nunha das seguintes categorías:

  • Comparsas.- terán como mínimo 15 participantes e poderán ir acompañadas de carroza, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais e interpretarán as súas composicións e pasarrúas de Entroido. Terán que gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Dentro da categoría de comparsas ábrese un apartado especial para as compostas por nenos/as na súa totalidade (aínda que poidan estar acompañados por pais/nais) e concursarán dentro da categoría de Comparsas infantís.
  • Grupos.- terán como mínimo 5 participantes e poderán ir acompañados de carroza. Terán que gardar unha unidade temática.
  • Individual/Parellas.- valorarase a aqueles disfraces que se presenten de maneira individual ou parellas.

TERCEIRA.- Inscricións: as solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ponte Caldelas (en horario de 9 a 14:00 horas) en impreso normalizado facilitado a tal efecto (estará a disposición en www.pontecaldelas.org) con data límite de xoves 15 de xuño de 2017. Tamén se poderán remitir vía Fax. ó 986750020.

A organización resérvase o dereito de decretar o peche admisión de solicitudes antes desta data no caso de que a cantidade das mesmas sexa superior á capacidade máxima admisible polas características do recorrido.

En caso de suspensión da celebración do Desfile, e no suposto de que se leve a cabo un traslado de data o novo prazo de inscrición abranguerá ata as 14:00 horas do último día hábil anterior non sábado á nova data de celebración, manténdose o mesmo procedemento de solicitude.

CUARTA.- Xurado: o Xurado estará composto polos seguintes membros:

  • Presidente: D. Enrique Vidal Tellado, Tenente de Alcalde do Concello de Ponte Caldelas.
  • Secretario: D. Miguel A. Estévez Malvar, Técnico do Concello de Ponte Caldelas.
  • Vogais: cinco persoas elixidas entre o público asistente ó desfile e persoal colaborador coa organización.

Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos como a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, ... así como o desenfado e ánimo de Entroido ó longo de todo o percorrido.

As decisións do Xurado son inapelables e se o considera oportuno pode deixar algún premio deserto tendo en ambos casos liberdade de criterio.

QUINTA.- Premios: establécense os seguintes.-

COMPARSAS
1º PREMIO 1.000 €
2º PREMIO 600 €
3º PREMIO 450 €
4º PREMIO 400 €
5º PREMIO 350 €
GRUPOS
1º PREMIO 300 €
2º PREMIO 250 €
3º PREMIO 200 €
4º PREMIO 150 €
5º PREMIO 120 €
INDIVIDUAL/PARELLAS
1º PREMIO 100,00 €
2º PREMIO 70,00 €
3º PREMIO 50,00 €
COMPARSA INFANTIL
1º PREMIO 50,00 €

Os premios serán pagados no Concello de Ponte Caldelas previa solicitude de pagamento asinada polo premiado ou representante da comparsa ou grupo.

A percepción dos importes correspondentes estará suxeita ás retencións e impostos contemplados na lexislación vixente.

SEXTA.- Desfile: a orde de desfile será asignada pola organización do evento e comunicada ós participantes no momento de chegada á concentración. Da mesma maneira, o persoal da organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto na orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso (animais de todo tipo, petardos, bengalas, ...) co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente antes, durante e ó final do evento.

SÉTIMA.- O Presidente do Xurado queda facultado para resolver as posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir e non previstas nestas bases.

OITAVA.- O Presidente do Xurado resérvase a facultade de suspensión do desfile por causas debidamente motivadas sen que de lugar a ningún tipo de indemnización por parte dos participantes.

NOVENA.- A participación no concurso exime á organización de calquera responsabilidade relativa ós danos que as persoas, vehículos e calquera outro elemento que se empregue no mesmo poida sufrir ou ocasionar durante a celebración do mesmo.

DÉCIMA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases.

UNDÉCIMA.- As presentes BASES serán expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Ponte Caldelas e na web www.pontecaldelas.org.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

PATEA E TAPEA 3 XUÑO 2017

carnaval de veran 2017 5

Ponte Caldelas Festa Gastronomica emigrante contraportada

CARTEL VIAXE BARBANZA

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA REIGOSACARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA IES PONTE CALDELAS

cartelmasaje2

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA CEIP CORDO BOULLOSA

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver