curso graduado esoAndrés Díaz animou aos alumnos participantes a aproveitar as posibilidades que o  Concello pon á súa disposición e desexoulles sorte no exame

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, asistiu ao inicio do curso gratuito de preparación do exame para a obtención do graduado en ESO, no ámbito científico-tecnolóxico, que organiza o Concello de Ponte Caldelas no Centro Cultural. Un total de 38 persoas inscribíronse na presente edición destes cursos que buscan, a través dun profesor, axudar aos alumnos na súa formación co fin de que podan acceder ao exame que terá lugar o vindeiro 9 de setembro nas mellores condicións posibles de coñecemento.

Andrés Díaz, ademais de desexarlles sorte na proba de exame do 9 de setembro, animou aos alumnos presentes a aproveitar as posibilidades formativas que lle ofrece o Concello de Ponte Caldelas e animounos a esforzarse en conseguir esta titulación "moi importante hoxe para poder optar a un posto de traballo ou cursos de formación especializados con certificado de profesionalidade por carecer do título de graduado en ESO ou de competencias clave", sinalou o alcalde de Ponte Caldelas.

Este curso gratuíto, de 75 horas de duración, forma parte do esforzo formativo posto en marcha polo Concello de Ponte Caldelas co fin de axudar, a aquelas persoas que o precisen, para que logren a capacitación necesaria para poder competir en mellores condicións para poder acceder ao mercado laboral.

Asemade, con esta iniciativa, o Concello de Ponte Caldelas pretende seguir tamén co seu esforzo na loita contra o abandono escolar e facilitar a formación necesaria para que os xóvenes atopen un emprego. "Desde o equipo de goberno marcámonos como unha das nosas prioridades a loita contra o desemprego aproveitando desde o Concello tódalas posibilidades que teñamos para que os nosos veciños poidan optar a un emprego digno e sair da situación de crisi económica na que se atopan", sinalou o alcalde quen tamén animou a aquelas persoas que levan tempo fóra do circuito educativo a que se esforcen e aproveiten esta oportunidade para alcanzar esa titulación tan necesaria.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver