depologo

O Concello de Ponte Caldelas levou a cabo a substitución e rehabilitación de fiestras e porta da Casa da Cultura de Ponte Caldelas, ó abeiro da subvención concedida por parte da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural do ano 2018.

As actuacións realizadas foron as seguintes:

  • Cambio e pintado das dúas follas dunha fiestra de madeira que se atopaban en mal estado na sala de prensa por outras de similares características en madeira, con catro cristais cada unha; e rematadas con acabado a auga para o exterior. Esta fiestra está na fachada lateral do edificio, no primeiro andar. Tamén reparación , lixado e pintado das dúas follas da fiestra da sala de prensa da fachada principal do edificio.
  • Cambio dunha folla da porta do balcón do salón de actos, coas mesmas características que as anteriores, e reparación da outra folla da porta. Está situada no primeiro andar, na fachada principal do edificio.
  • Reparación e lixado das fiestras das dúas ventás do salón de actos do edificio. Está na fachada principal do edificio, no primeiro andar.
  • Reparación das dúas follas da fiestra da sala infantil, está no primeiro andar, na fachada lateral.
  • Reparación das dúas follas da fiestra da sala de maiores, na fachada principal.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver