Plenosetembro2017

O Goberno local tripartito obtivo o apoio da Oposición en dúas mocións que poñen o acento na discriminación que sofre o municipio

 

Unanimidade no Pleno do Concello de Ponte Caldelas na práctica totalidade dos asuntos contidos na orde do día. O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) logrou o apoio da Oposición do PP nas mocións que presentou para solicitar da Xunta de Galicia e da Deputación a modificación urxente do mapa de emerxencias, co fin de acabar coa zona de sombra neste municipio, e para solicitar da Consellería de Educación a colaboración necesaria para dotar ao colexio da Reigosa dun ximnasio digno e de comedor escolar.

O Pleno, ao que asistiron membros da ANPA da Reigosa, tamén aprobou o proxecto que o Concello presentará ao plan extraordinario de grandes obras que vén de convocar a Deputación Provincial e ao que Ponte Caldelas concorre cunha humanización da praza de España valorada nuns 360.000 euros. O asunto saíu adiante cos votos do Goberno local e a abstención do PP, a única nunha sesión marcada pola unanimidade.

No que atinxe ao mapa de emerxencias, o Concello de Ponte Caldelas denuncia a inoperatividade do actual mapa, pactado no seu día polo conselleiro Alfonso Rueda e o ex-presidente da Deputación, Rafael Louzán, derivado da posta en marcha do Consorcio Provincial de Emerxencias. No seu día apostouse pola situación dos parques comarcais en Ribadumia, Vilagarcía, Bueu e Porriño, deixando zonas de sombra moi preocupantes, nas que os bombeiros tardan demasiado en chegar. A peor de todas está ao redor da capital da provincia e abrangue os municipios de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, A Lama e Campo Lameiro, onde os tempos de esperar poden chegar ata as dúas horas.

A moción lembra que o mapa é unha competencia exclusiva do Goberno galego, que debe aprobar a súa modificación a través do Consello da Xunta. Sen embargo, admite tamén que hai competencias comúns, dado que á Deputación correspóndelle velar polos concellos de menos de 20.000 habitantes. Por tanto, insta ás dúas institucións a iniciar conversas inmediatas. O texto solicita a comarcalización do parque municipal de Bombeiros de Pontevedra, critica as declaracións políticas oportunistas tralo incendio na carpintaría de Tenorio, e agradece o espírito de colaboración que sempre amosou o Goberno local de Pontevedra.

O alcalde, Andrés Díaz, destacou na súa intervención a irresponsabilidade que supón que as naves industriais do Campiño dispoñan de Bombeiros en 15 minutos, mentres que as da Reigosa, situadas a escasos metros, teñan que agardar dúas horas. Tamén subliñou que un veciño de Pontevedra que ten un accidente no seu termo municipal e queda atrapado nos ferros ten a garantía de ser excarcerado rapidamente, pero se viaxa a Ponte Caldelas terá que agardar dúas horas. “E isto, nun asunto no que a diferencia entre a vida e a morte depende en gran medida do tempo de resposta, é irresponsable”, destacou.

No que atinxe ao colexio da Reigosa, o Pleno aprobou unha moción pola que o Concello se ofrece a financiar ao 100% as obras do comedor escolar, sempre que se sitúe dentro das instalacións escolares, onde resultaría unha obra máis factible. Ao mesmo tempo, reitera a súa oferta de financiar ao 50% as obras de ampliación do deficiente ximnasio, definido durante o Pleno como “unha caixa de mistos”. A moción tamén expresa o apoio e solidariedade coa ANPA tralos recortes no profesorado de Infantil e as obras de cambio de plaquetas no ximnasio, que, de feito, viñeron supor unha redución do xa exiguo espazo, tanto en altura como en anchura.

O alcalde denunciou durante o Pleno que a Consellería manexa un “plan oculto” para pechar o colexio da Reigosa e anunciou que o Concello non colaborará nin será cómplice, polo que está disposto a endebedarse para atender unhas obras que, aínda sen ser da súa competencia, considera moi necesarias para garantir o futuro do centro.

Finalmente, o Pleno aprobou unha declaración institucional polo 25-N, Día contra a Violencia sobre a Muller, así como a dotación da praza de tesoureiro compartida cos concellos de Cerdedo-Cotobade e Vilaboa.

 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver