Curso camareiros Forga Clausura 2

Oferta un total de 150 prazas que conducen directamente á obtención do título habilitante para o exercizo de profesións demandadas

A sede da Fundación para a Orientación, Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico, Emprego e Formación de Galicia (Forga) no polígono da Reigosa de Ponte Caldelas lanza a súa oferta de formación completamente gratuíta para os próximos  meses dirixida a persoas desempregadas. Oferta un total de 150 prazas repartidas en 10 cursos.

Os cursos do Forga son unha auténtica oportunidade de inserción laboral, pois son dos poucos en toda Galicia que ofrecen formación en obradoiro seguida de prácticas en empresas, polo que conducen directamente ao título que permite exercer unha profesión con saída no mercado laboral.

A oferta consiste nos cursos de Montaxe e Mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, Operación de sistemas informáticos, Cociña, Inglés, Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas, Transporte sanitario, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios e, finalmente, Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos. Todos eles, agás o de Operación de sistemas informáticos teñen nivel A2. A duración varía segundo a modalidade e os horarios son maioritariamente de 9 a 14 horas.

O primeiro dos cursos será o de Baixa tensión que botará a andar o próximo día 21, polo que os interesados deben apresurarse. O resto irán desenvolvéndose de aquí ata principios do próximo ano. As persoas interesadas poden recoller toda a información previa no polígono do Campiño ou solicitalos directamente na súa oficina de Emprego.

Erundina Louro, orientadora laboral do Forga de Ponte Caldelas subliña que a clave do éxito está  nas propias instalacións, que dispoñen de obradoiros especializados que dan un selo propio e permiten fuxir da típica formación de oficina. Tanto é así que o Forga fai posible rematar  os  seus cursos con prácticas certificadas e co título habilitante para o exercizo dunha profesión. Ademais, realízase un auténtico itinerario de inserción,  acompañando ao alumnado ata que acada traballo. Todo elo se traduce en índices do 70% en cursos como o de Transporte sanitario ou do 90% no de instalador de Baixa tensión.

Neste éxito ten moito que ver a interrelación entre o Forga e o empresariado de Ponte Caldelas, incluído o propio Concello, que acolle habitualmente a alumnos en prácticas. Así, non é raro que os titulados no Forga acaben integrándose en empresas da localidade, pero tamén doutras. Louro engade que o mercado laboral actual xa non funciona con aprendices,  senón que esixe persoas formadas  e tituladas en ámbitos moi específicos.

Dende o Forga subliñan casos moi recentes como o dun rapaz que non tiña conseguido rematar a ESO e que despois de realizar varios cursos de formación nas súas instalacións obtivo a titulación de instalador eléctrico e traballa actualmente cunha firma que se dedica a montar tendas do grupo Inditex por diversos países. Tamén o dun parado de longa duración que accedeu á titulación que lle permite traballar no sector.

O Goberno local caldelán, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está moi satisfeito do traballo que a Fundación, vinculada ao sindicato CIG, está a realizar na Reigosa. Tanto é así que o Concello encarga os seus propios cursos de formación a este centro, dos que xa se teñen beneficado preto de medio cento de veciños e veciñas.

O alcalde, Andrés Díaz, adianta que a colaboración entre o Concello e o Forga vai ser estable no tempo porque está a dar moi bos resultados e revelouse como unha ferramenta útil na loita contra o desemprego.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver