Prersentacin

A cita caldelán parte esta fin de semana do centro urbano e co reto de superar os 7.000 espectadores do ano pasado

 

Ponte Caldelas acolle esta fin de semana a segunda edición Subida a Ponte Caldelas, proba puntuable no Campionato Galego de Montaña e que xa se ten convertido nunha das citas de referencia, despois da súa estrea o ano pasado cun récord de asistencia de 7.000 espectadores,

o que a converte na máis seguida de todo o calendario galego.

 

O éxito do ano pasado fai que nesta edición as expectativas sexan máximas. No deportivo, o éxito xa está garantido pois confírmase a participación de Nonito Gómez, o segundo piloto máis laureado do Galego de Montaña (despois do retirado Alberto Camba), que escolleu Ponte Caldelas para volver á competición tras permanecer afastado por mor do accidente que sufriu en 2012. Nonito protagoniza o cartel promocional do evento nunha homenaxe á súa traxectoria deportiva. Ademais, estará en Ponte Caldelas Manuel Senra, o piloto máis célebre de Galicia e o único en ter gañado unha proba do Europeo de Rallycross. Con eles volverá estar Alexis Viéitez, gañador do ano pasado.

O acto de presentación celebrouse hoxe no Concello en presenza do alcalde, Andrés Díaz, acompañado dos pilotos Nonito Gómez, Diego Rodríguez, Steven Pregal, Adrián Sabajanes, Jorge Ampudia e Marcos Díaz, copiloto de José Manuel Baqueiro. Tamén asistiu Noemí Blas, presidenta de BuXa Motor, escudería organizadora.

Un dos principais atractivos da Subida de Ponte Caldelas son as facilidades para gozar do espectáculo. A saída e concentración dos vehículos sitúase en pleno centro urbano, ao comezo da estrada PO-234 que sobe ata Portasouto cruzando Laxoso. Alí mesmo, a escasos metros, hai facilidades de aparcamento ao longo do paseo fluvial da Calzada e unha finca habilitada para a ocasión. En caso necesario, tamén pódese deixar o coche en Chan da Barcia ou no aparcamento habilitado a carón do Concello.

O trazado ten 3,9 Km e aproveita o sinuoso percorrido de Laxoso, onde hai tamén dúas zonas moi rápidas, nas que se colocan unas chicáns para comprobar a destreza dos pilotos e incrementar o espectáculo, unha circunstancia única en todo o Campionato Galego e que xa é un dos sinais de identidade do trazado caldelán.

As inscricións xa están pechadas cun total de 50 pilotos a bordo de vehículos tan atractivos como dous Porches e varias barquetas  e fórmulas. Os datos están accesibles na web da Federación Galega www.fga.com a partir de mañá, día 10.

Todo en Ponte Caldelas está pensado para facilitar o espectáculo, pois é unha proba multitudinaria pensada para facer as delicias do público. O parque pechado ábrese dende as 9.30 horas do sábado na avenida de Galicia (fronte ao Concello), dando así a posibilidade de achegarse aos vehículos, aos mecánicos e pilotos.

A primeira manga, de adestramento, comeza ás 15.30 horas do sábado e, a continuación as restantes durante toda a tarde. O domingo, os motores comezan a ruxir ás 9.30 para tratar de baixar tempos. A entrega de premios terá lugar na Alameda de Ponte Caldelas ás 17.00 horas.

No que atinxe ao propiamente deportivo, na categoría de non carrozados, estarán Alexis Viéitez (actual campión de montaña), Jesús Pombo, Pablo Rey e o pontevedrés Jacobo Sobral, que vén de sofrer un percance na última carreira e apura a reparación do coche.

En carrozados estará Manolo Senra, que terá como rivais  a pilotos tan coñecidos como Víctor Magariños, Jaime Castro ou Tino Iglesias. Xunto a eles, Miguel Garcia, Víctor Pardeiro, Antonio Bermúdez, Rubén Blanco e Roberto Barreiro.

A Subida de Ponte Caldelas volve cumprir coa tradición de render homenaxe a una figura destacada do motor galego. A estrea do ano pasado contou coa presenza de Alberto Camba, xa retirado, pero que estivo presente toda a fin de semana. Desta volta rende homenaxe a Nonito Gómez. O piloto de Celanova, cinco veces campión de Galicia de Montaña, leva cinco anos afastado da competición. Volve á adrenalina aos mandos dun Citroen AX. É unha volta que está a xerar a máxima expectación entre os bos afeccionados, e que confirma a categoría da cita caldelán.

LOS PILOTOS DE LA ESCUDERIA

Estamos muy contentos de tener en nuestras filas una selección muy variada de pilotos.

En no carrozados, Alexis Vieitez, con su Formula Outeda Cafés Arume. Actual campeón Gallego de Montaña; el más joven en ganar éste campeonato. 

Rubén Fernández ,el piloto de Ponte Caldelas estrenó el mes pasado en el rallye Sur do Condado su Nissan 350Z, con muy buenos resultados. En la prueba de casa seguro que dará lo mejor de si! Siempre es un piloto muy espectacular. 

El Subaru Impreza de Gonzalo Ventoso también está cosechando éxitos en su categoría. Y espera hacer un buen resultado en ésta subida. 

En la modalidad de regularidad sport, contamos con Jose C Sánchez -Pinchi- que junto a Ray Lamas están siempre en las primeras posiciones con el precioso Ford Capri RS. Un clásico.

#VASCORRERVAS

Este año la escuderia ha creado un hastag que aúna las publicaciones de las subidas que organizamos -Ponte Caldelas y A Escusa- 

La escuderia es totalmente femenina y nos interesaba conocer el punto de vista de las madres de los pilotos, mostrando un lado más personal y cercano que el habitual. Por eso hemos preguntado #quechedixotuanai y las respuestas (de lo más variadas)  las estamos colgando en nuestras redes sociales Facebook.com/escuderiabuxa y e Instagram @buxamotor

Una iniciativa que está teniendo muy buenos resultados. 

Invitamos al publico a que siga las novedades en nuestras redes. 

 

 

 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

Festas das Dores Ponte Caldelas 255x3493

CARTELESCURSIONACORUA3DESEPTIEMBRE2017

xantacaldelas 

CARTELVIAXEPRAIADASCATEDRAIS

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver