Venres 15

A gran afluencia de público superou todas as expectativas. Na xornada central de hoxe, sábado, agárdase un cheo total

A Alameda de Ponte Caldelas rexistrou unha gran actividade durante a noite de onte, venres, coa estrea da II Festa Gastronómica da Emigración. A falta de balanzos definitivos hai constancia de que superou amplamente  a cifra dun milleiro de pratos servidos nos 12 postos de comida representativos da gastronomía de países e comunidades ligadas á emigración caldelá.

A xornada forte chega hoxe sábado, co xantar e a cea, na que se agarda unha ocupación total nas 1.200 cadeiras instaladas polo Concello para a degustación das especialidades culinarias que se ofrecen ao prezo único de 5 euros, bebida incluída. Ademais, como é habitual neste certame, cada posto ten liberdade para ofertar outros pratos, que adoitan servirse tamén a prezos moi aquelados.

O certame é un formato orixinal do Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) que dá preferencia á hostalería local, ata o punto de que só hai un establecemento de fóra de Ponte Caldelas. Así, o cartel está formado polo Mesón Porteliña (Poio), representando á gastronomía de Brasil; o restaurante Alalá (gastronomía venezolana), Verdugolandia (cun prato uruguaio), Klimbin (Portugal e Brasil), O Recanto (Estados Unidos) e o Mesón Mexicano de Tourón. Paralelamente, a Asociación Cultural de Chaín elabora uns callos madrileños, a asociación Aires del Norte y Olé dedicarase ao corte de xamón con pan e viño e unha polbería ofrecerá o típico polbo á feira galego. As dúas panadarías locais (Pecas e O Pan de San Antonio) ofertan todo tipo de postres e empanadas. O elenco complétase co posto solidario que elabora unha paella valenciana co obxectivo de doar os ingresos a proxectos e programas destinados aos inmigrantes e a Cáritas Venezuela.

O día de hoxe conta tamén co atractivo da presenza en Ponte Caldelas do cantante vitoriano Raúl, quen asiste primeiro á inauguración dunha casa de aloxamento turístico en Caldelas e, a continuación, dará un paseo pola Festa Gastronómica acompañado do alcalde, Andrés Díaz, e do emprendedor que abre este novo establecemento hostaleiro.

Por outra banda, a xornada de hoxe incluirá tamén un espectáculo de Queimada Galega, con degustación gratuíta a partir das 23.30 horas, que xa se celebrou onte con gran éxito e aceptación entre o público.

A festa rematará mañá domingo, cun xantar que porá o peche final. Agárdase que para entón se teñan superado amplamente os 6.300 pratos vendidos o pasado ano, na estrea desta celebración gastronómica única en Galicia.

O domingo haberá tamén a posibilidade de facer exercizo no paseo da Calzada, a escasos metros da Alameda. O Concello, coa colaboración da empresa de aluguer Rodas Galicia, ofrecerá gratuitamente bicicletas e coches de pedais para circular polo novo carril-bici.

 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver