Rianxo

Visitaron Rianxo, A Pobra do Caramiñal, o castro de Baroña e as dunas de Corrubedo

Os veciños de Ponte Caldelas gozaron dos atractivos paisaxísticos da bisbarra do Barbanza cunha excursión que tivo como epicentro as localidades de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, pero que permitiu tamén achegarse a fitos patrimoniais e paisaxísticos tan representativos como o castro de Baroña ou as dunas de Corrubedo.

A excursión, incluída no programa “Caldelas Viaxa”, congregou a 160 persoas, que tiveron a ocasión de gozar dun día magnífico. A saída foi ás 8 da mañá con chegada a Rianxo ás 10. Despois dun paseo pola localidade visitaron a igrexa de Santa Columba e a capela de Guadalupe. Despois do paso polo castro de Baroña, partiron para a comida en Corrubedo. Unha vez recuperadas as forzas, visitaron as dunas e o faro. A continuación houbo parada no monte da Curota e visita final, nunha intensa xornada, á Pobra do Caramiñal.

O alcalde, Andrés Díaz, acompañou aos veciños nesta nova actividade programada polo Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) para a dinamización social do concello.

O Concello estreou este ano un novo sistema para xestionar estas saídas que está a dar moi bos resultados. Os participantes  fixeron a reserva e logo ingresaron o importe da comida, que foi de 12 euros, toda vez que o Concello asume todos os gastos de desprazamento e organización.

O próximo desprazamento xa está programado para o próximo día 25 de xullo e será á praia das Catedrais. O prazo para facer a reserva estará aberto entre os días 3 e 19 dese mes de xullo.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

PATEA E TAPEA 3 XUÑO 2017

carnaval de veran 2017 5

Ponte Caldelas Festa Gastronomica emigrante contraportada

CARTEL VIAXE BARBANZA

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA REIGOSACARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA IES PONTE CALDELAS

cartelmasaje2

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA CEIP CORDO BOULLOSA

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver