excursionportugal

A expedición de Ponte Caldelas, que esta fin de semana gozou dos encantos de Portugal, chegou sen novidade, despois de gozar durante dous días da oferta turística das localidades de Caldas da Raínha, Óbidos, Peniche e Aveiro.

Unhas 107 persoas sumáronse a esta primeira saída con pernoita incluída, organizada polo Concello dentro do programa “Ponte Caldelas na ruta” para a dinamización sociocultural do municipio. A satisfacción entre os participantes foi total e tiveron ocasión especialmente de gozar dos paseos en “moliceiro”, é dicir das embarcacións que surcan as augas da ría de Aveiro.

Os asistentes valoraron de xeito moi positivo a estancia no hotel de Caldas da Raínha, así como a organización e a calidade das excursións programadas. Tanto foi así que xa recabaron información sobre a seguinte cita deste programa, que inclúe media ducia de excursións ao longo do ano.

A próxima saída será ao Barbanza e terá lugar o próximo 11 de xuño. O prazo para facer a reserva será entre o 10 de maio e o 2 de xuño. As persoas interesadas deberán achegar os seus datos e ingresar o importe da comida, que será de 12 euros. O Concello corre co resto dos gastos. 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

carnaval de veran 2017 5

CARTEL VIAXE BARBANZA

cartel festa da troita 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelmasaje2

cartel esposicion viernes 26

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver