779594a7 5c61 43a6 9c8b f80c94dbf75b

O Goberno local dá por finalizada a vida útil do tapiz verde e fíxase o obxectivo de substituílo a curto prazo

O campo de herba sintética de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas, foi obxecto dun novo tratamento grazas á utilización dunha máquina especializada, adquirida pola Deputación Provincial, para o mantemento deste tipo de superficies. O Goberno local, que o pasado mes de xaneiro xa se tiña convertido no primeiro de Galicia en abordar a compactación do  terreo de xogo coa utilización desta tecnoloxía, dá así un novo paso.

O Concello, gobernado por unha coalición entre o PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está moi preocupado pola desastrosa situación na que se atopou o campo de fútbol, que vai camiño xa dos 11 anos de vida útil, pero que podería ter chegado ata os 20 anos se este tipo de tratamentos se tiveran aplicado con antelación e unha regularidade anual.

Agora fíxase o obxectivo da substitución da herba sintética a curto prazo, para o que tratará de buscar a colaboración doutras institucións, pois trátase dunha obra cun importe que pode achegarse aos 200.000 euros. Non obstante, o campo de Chan da Barcia é utilizado a diario por máis de 300 rapaces de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, integrantes da Escola Deportiva, polo que debe ser unha prioridade.

A máquina especializada da Deputación, dotada de cepillos adecuados, ganchos e púas para a limpeza e posterior levantado do pelo da herba sintética, volveu esponxar a superficie. Algo necesario porque non basta con espallar pelotas de caucho, como se facía no pasado. A día de hoxe, xa son varios os concellos que están a aplicar este tratamento integral.

O repaso dos 6.500 metros cadrados do terreo de xogo leva unha xornada completa. A herba, cunha lonxitude de 6 milímetros, queda deste xeito máis vertical e ofrece unhas mellores prestacións para a práctica do fútbol.

Andrés Díaz subliñou que Ponte Caldelas foi o primeiro Concello en acometer este tipo de mantemento integral, que é habitual noutros países onde as instalacións de herba sintética levan utilizándose durante máis tempo. Agora aplaude a decisión da Deputación de adquirir unha máquina similar para apoiar aos concellos.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver