FOTO GRUPO CALDELAS 3 web

O alcalde súmase ás voces que esixen ao Goberno de España que elimine a absurda regra de gasto e que permita investir o superávit

O Concello de Ponte Caldelas pechou o ano 2016, cunhas contas saneadas e boas perspectivas económicas. Unha vez computados todos os ingresos e gastos referidos a todos os exercizos pasados obsérvase unha liquidación positiva que alcanza os 465.482,33 euros grazas, por unha banda aos aforros na xestión municipal durante o ano e, por outra, ao cobro de débedas que viñan arrastrándose dende anos anteriores.

O informe de Intervención analiza os Orzamentos de 2016 e aplaude a correcta previsión de ingresos e a xestión xeral dos gastos. Deste xeito conclúe que o ano pechouse cun superávit orzamentario de 271.745,75 euros e un remanente total de Tesourería de 446.478,26 euros, que é moi superior ao do ano 2015.

O alcalde, Andrés Díaz, á vista do informe de Intervención afirma que o Concello atópase na mellor situación económica da súa historia, un dato que avala tamén a redución da débeda. Así, ao comezo do mandato do novo Goberno local, integrado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, Ponte Caldelas arrastraba un burato dun millón de euros, que quedou reducido a 755.363 euros ao remate do pasado ano.

O Concello de Ponte Caldelas non pediu un só euro prestado nos dous anos do que vai deste mandato (a diferenza do que facía o anterior Goberno, que se endebedou todos os anos) no marco dunha política municipal de endereitamento dunhas contas que estaban nunha situación límite. Froito desta estratexia, a débeda municipal quedará moi preto dos 500.000 euros cando remate o actual exercizo 2017. Ponte Caldelas gozará entón dunha situación financeira que garantirá o “músculo económico” do Concello para o futuro.

As contas analizadas do ano 2016 revelan que os ingresos definitivos alcanzaron os 3.989.556,42 euros, mentres que os gastos quedaron en 3.753.021,40 euros, obtendo deste xeito un aforro sen axustar de 236.535,02 euros. O informe de Intervención, de acordo coa normativa, aplica os gastos financiados con remanentes de anos anteriores e as desviacións financeiras imputables ata chegar a un resultado orzamentario axustado de 465.482,33 euros, o maior do rexistrado nos últimos anos.

O informe de Intervención destaca que o Concello cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, pois alcanzouse un claro superávit, moi por enriba da esixencia de equilibrio entre ingresos e gastos. Cúmprese tamén co límite de débeda, que non pode pasar do 110% do Orzamento, e agora está moi por debaixo.

Finalmente, reflicte que non se cumpre coa Regra de Gasto (un corsé que impide que o investimento municipal creza máis do 1,8% durante o ano e que é fixado unilateralmente polo Goberno español). De feito, o gasto computable do Concello creceu un 5%. A circunstancia débese exclusivamente ao uso de remanentes e á entrada de facturas despois do remate do ano. Deste xeito, en cumprimento, da normativa estatal o próximo Pleno deberá aprobar un Plan de Económico-Financeiro que apenas terá incidencia na xestión económica municipal.

O alcalde de Ponte Caldelas súmase ás queixas do municipalismo español, xa repetidamente expresadas tanto pola Federación Galega como pola Federación Española de Municipios, para criticar unha normativa que considera absurda. Non ten ningún sentido, explica, que un Concello que reduce a súa débeda moi por debaixo do límite legal e que pecha o ano con superávit sexa penalizado por unha regra de gasto que non se aplica nin o propio Goberno do Estado nin se lle esixe ás comunidades autónomas. Se recadamos ben e aforramos, que sentido ten que nos poñan un límite dun 1,8% no crecemento do gasto municipal, se pregunta Díaz.

Do mesmo xeito, o alcalde insta ao Goberno a eliminar a norma que prohíbe investir o superávit e obriga a dedicalo á redución da débeda. Nós xa estamos reducindo de xeito espectacular a débeda que nos deixaron, recalcou. Ao final, o Goberno de España fai normas sen pes nin cabeza, porque, de feito, sería posible pedir crédito ao tempo que se emprega o superavit en amortizar débeda.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver