carteltroita2017

O cartel “Ponte Caldelas é parte de ti” e a foto “As sequoias perdidas” son as máis votadas polos veciños e obteñen o primeiro premio

Os concursos de Carteis e Fotografía da LI Festa da Troita quedaron decididos unha vez concluído o período de exposición pública, no que a veciñanza de Ponte Caldelas votou para elixir ás mellores propostas de entre as seleccionadas previamente polo xurado cualificador.

O río Verdugo, a nova escultura da troita e o bosque de sequoias de Vilarchán son os auténticos protagonistas  desta edición. O cartel gañador foi elaborado por Patricia Ricón Rodríguez e leva por título “Ponte Caldelas é parte de ti”. No que atinxe ao concurso de fotografía, o primeiro premio foi para a imaxe de Iago Manuel Souto Lorenzo “As sequoias perdidas”; o segundo para “Paz sen fin”, de Rosa María Rodríguez Fortes e o terceiro para “Por la boca muere el pez”, de Paula Marzoa Vidales.

assecoioasperdidas

O cartel gañador, que une na mesma imaxe a escultura do pescador e a da troita, supón un premio de 400 euros, mentres que os autores das tres fotografías recibirán 300, 200 e 100 euros, respectivamente.

pazsinfin

Pola súa banda, o concurso de Redacción entre os alumnos dos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa dilucidarase polos mestres, que serán os encargados de valorar os traballos presentados. Participaron alumnos de 5º e 6º de Primaria. Os primeiros clasificados recibirán o agasallo dunha tableta electrónica.

porlabocamuereelpez

Cumprindo o previsto nas bases, cada un dos traballos premiados obtivo un mínimo de 25 votos populares e foron escollidos entre os tres carteis e as nove fotografías preseleccionados previamente por un xurado, presidido polo alcalde, Andrés Díaz, e no que houbo representación municipal e de profesionais do mundo da fotografía e da comunicación.

O xurado valorou a calidade das propostas presentadas e agradeceu a participación de todos os concursantes nesta LI edición desta convocatoria pública.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver