fincalimpiar

O Goberno local aprobou este ano unha ordenanza que faculta ao Concello a impoñer multas e a executar forzosamente os traballos

O Concello de Ponte Caldelas non está disposto a mirar cara outro lado mentres os propietarios dalgunhas fincas urbanas incumpren a súa obriga de limpalas de cara ao verán para minimizar o risco de incendio. O pasado 27 de xaneiro entrou en vigor unha ordenanza que o faculta para impoñer multas  de entre 100 e 3.000 euros e tamén a executar forzosamente os traballos de corta e retirada da broza.

A nova ordenanza céntrase nas competencias municipais, que se cinguen ao centro urbano e ao solo de núcleo rural, mentres que a superficie rústica ou forestal é competencia da Xunta de Galicia, destaca o alcalde, Andrés Díaz, á fronte dun Goberno municipal tripartito encabezado polo PSdeG-PSOE e integrado tamén por AVP e BNG. A normativa municipal obriga á limpeza destas parcelas antes do 30 de xuño de cada ano.

O Concello notificará aos propietarios das fincas en situación de risco cando teña constancia dos feitos. En caso de non atender a orde de execución no prazo máximo de un mes, ábrese a vía ao expediente sancionador. O importe dependerá da gravidade da situación. Nos casos en que se estime oportuno, en atención á desobediencia ou á situación de risco producida, iniciarase a vía da execución subsidiaria, pola que se limpará con medios municipais e se repercutirá a factura, ademais da multa, aos infractores.

A ordenanza afecta tamén a unha franxa de 50 metros ao redor do solo urbano e de núcleo rural, onde será necesario manter o solo limpo de broza e vexetación descontrolada e queda tamén prohibido a plantación de árbores de especies que propaguen o lume con facilidade, como o eucalipto, a mimosa e outras. Esta circunstancia afecta especialmente ás comunidades de montes.

Andrés Díaz explicou que esta Semana Santa producíronse xa varios conatos de incendios, especialmente en Baltar e na Reigosa, que tiveron que ser atendidos pola brigada municipal e foron sufocados co uso do vehículo motobomba do parque municipal. O perigo irá en incremento a medida que avance a primavera e coa chegada do verán.

Por outra banda, o Goberno municipal está a recibir numerosas  queixas e denuncias de veciños con bens inmobles apegados a fincas nas que a broza creceu de xeito descontrolado, xerando así un risco potencial.

Dende o Concello sublíñase que non hai afán recadatorio ningún e, por este motivo, publicarase un bando volvendo a informar á veciñanza antes de iniciar a apertura dos procedementos sancionadores. Non obstante, engade o alcalde, unha vez concluído o prazo previsto na ordenanza e notificados os responsables as sancións serán imparables.

Por outra banda, o propio Concello comezou a súa campaña de limpeza anual das marxes dos camiños municipais e todos os espazos públicos. Un operativo de corta  e retirada  de vexetación, con medios exclusivamente manuais e sen uso de herbicidas, que se vai desenvolver durante os próximos tres meses.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver