b688800d 12ee 40d6 842f 315ca7ac4ad9

O alcalde denuncia que o expediente estivo paralizado durante nove meses en Augas de Galicia pola proximidade dun regato a unha obra

O Goberno local de Ponte Caldelas reparará nos próximos meses unha ducia de camiños veciñais por un importe total de 122.463,41 euros. As ofertas presentadas por 10 empresas de toda a provincia foron abertas hoxe no Concello e, nos próximos días, procederase á adxudicación do lote.

As actuacións teñen por obxecto mellorar a accesibilidade en camiños municipais que dan acceso a vivendas en diversas parroquias e tamén o remate das obras de mellora da estrada de Barbudo, que dá acceso ao encoro de As Eiras. Esta pista, na que agora vaise asfaltar case un quilómetro e medio, constitúe unha das saídas naturais do municipio cara Fornelos de Montes e, por tanto, cara os centros de traballo situados na área de Porriño e Vigo.

Sen embargo, o núcleo principal deste paquete de obras é a mellora de camiños en mal estado, situados en Caritel, Avecil, Rebordelo, A Reigosa e outros dous en A Fraga. Ao mesmo tempo mellorarase o firme no acceso a Coveliño, na estrada ao Verdugo desde Parada e, finalmente, na mencionada estrada de Barbudo. A última actuación a executar é unha senda peonil en Rebordelo.

O alcalde, Andrés Díaz, á fronte dun goberno municipal integrado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, subliña que a prioridade é mellorar a accesibilidade a vivendas que, nalgúns casos, levan moitos anos en mal estado. As obras non puideron realizarse ata o de agora porque o Concello está obrigado a solicitar autorización de Augas de Galicia en todos os expedientes que afecten á contorna de ríos. Neste caso, un dos camiños está próximo a un regato. O alcalde denuncia que o órgano dependente da Xunta de Galicia tardou nove meses en dar unha autorización que debería ter sido rutinaria.

O prazo de execución para todo o paquete de obras é de catro meses, polo que estarán rematadas antes de que finalice este ano. En todos os casos trátase de camiños con lonxitudes entre os 75 metros e os 300 metros que dan servizo a un bo número de vivendas. Hai algúns que se atopan en moi malas condicións, polo que forman parte da “herdanza” do anterior Goberno local, explica Díaz.

O alcalde subliña que o Concello de Ponte Caldelas está obrigado a agrupar este tipo de obras en paquetes de licitación conxunta para obter a oferta máis vantaxosa e sacar o máximo partido dos recursos municipais. Aínda que o procedemento é máis lento, o rendemento é maior. Lembrou que as tres consellerías que reparten cartos para reparación de pistas municipais (Vicepresidencia, Medio Rural e Infraestruturas) só teñen para os concellos do PP. No caso da bisbarra “todo vai para os municipios da contorna, nun exercicio de partidismo que ten por obxectivo castigar aos veciños de Ponte Caldelas por ter apostado polo cambio político no Concello”.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver