reuniondegustaciontroita2017

O Goberno local reúnese cos cociñeiros que colaboran co Concello para preparar a xeira de degustacións, que chegará ás 1.500 racións 

O Concello de Ponte Caldelas pechou hoxe o calendario das degustacións de promoción da LI Festa da Troita, que supoñen un total de 25 paradas noutras tantas casas do pobo do rural do municipio. A xeira comezará o próximo 2 de maio e rematará  o día 26, xusto a tempo para celebrar a gran festa gastronómica durante a última fin de semana de maio, os  días 27 e 28.

O alcalde, Andrés Díaz, mantivo unha xuntanza cos cociñeiros José Antonio Rocha, Lino Mariño, Alejandro Rocha, Enrique Lafuente, Sandra Gil e José Manuel Corbacho, o grupo de profesionais dos fogóns que colabora activamente, e de xeito completamente desinteresado, no desenvolvemento destas degustacións ocupándose do traslado do equipamento, cociñado, o servizo e a recollida.

As degustacións comezaron o ano pasado, ao cumprirse os 50 anos da festa, e concibíronse como un xeito de compartila cos veciños do rural, evitando así que o evento se asociara unicamente ao centro urbano. O éxito colleitado, pois repartíronse máis de 1.000 racións, fixo que o equipo de goberno, composto polos grupos do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, decidira mantela como un elemento fixo da programación. Así, para  este ano, xa está previsto o consumo dunhas 1.500 racións, pois a expectación é grande e xa se están a recibir consultas sobre as datas.

Díaz anunciou hoxe que se manterá o prezo de 3 euros por ración, incluíndo pan e viño. Fixo notar que este importe está moi axustado e non xera ningún beneficio económico para o Concello. Ademais, resulta inferior aos 4 euros que custaba o prato na propia festa durante os anos anteriores.

O alcalde está moi satisfeito da acollida desta iniciativa, pois xurdiu como un feito puntual para celebrar o aniversario, “pero démonos conta de que era unha fórmula para compartir  a marca Ponte Caldelas con todos os nosos veciños e, ao mesmo tempo, unha oportunidade de convivencia non só entre a xente, senón tamén entre eles e este goberno municipal”. De feito, engadiu que o ano pasado vivíronse momentos emotivos, como cando persoas maiores, entre eles unha señora de 76 anos, lles agradeceron o xesto porque aínda non tiñan probado o prato máis representativo da gastronomía caldelán.

As degustacións comezan o martes, 2 de maio, na Reigosa e continúan co seguinte programa: A Insua, día 3; A Roca, 4; Taboadelo, 5; Forzáns, 6; Anceu, 7; Barbudo, 8; Esfarrapada, 9; Laxoso, 10; Parada, 11; Cuñas, 12; Silvoso, 13; Baltar,14; Tourón, 15; Chaín, 16; Paradela e Gradín, 17; Pazos, 18; Vilarchán, 19; A Fraga e Caritel, 20; Buchabad, 21; Mirón, 22;  Rebordelo e Coveliño, 23; Contixe,24, Regodobargo, 25 e Xustáns, 26.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver