bc4e30bf 23eb 452d bcf3 e6d4364d4933

O Concello renuncia a cobrar taxas porque quere apoiar ao máximo aos empresarios, ao consideralos un sector clave na economía local

As terrazas da hostalería local nos espazos públicos serán reguladas por primeira vez en Ponte Caldelas. O Concello presentou aos empresarios o borrador da ordenanza reguladora que pretende ter aprobada, unha vez cumpridos todos os trámites de exposición e aprobación, en torno ao próximo verán.

O Goberno local, formado pola coalición entre PSdeG-PSOE, AVP e BNG, anunciou que non cobrará taxas e que a súa única intención é apoiar novamente á hostalería e axudala a facer o seu traballo cunha boa ordenación nunha práctica que ata o de agora estaba desregulada.

A actividade quedará, de agora en diante, amparada pola concesión dunha licenza municipal  que abranguerá todo o ano natural e deberá renovarse anualmente. O Concello resérvase a posibilidade de suspender a autorización coincidindo con eventos, festas, procesións, manifestacións ou eventos culturais ou deportivos, así como pola realización de obras municipais nos espazos públicos.

A autorización concederase, como norma xeral para 20 veladores (mesa con catro cadeiras), pero o número reducirase proporcionalmente en función do espazo público dispoñible. No caso de estar montadas sobre beirarrúas, non poderán ocupar máis do 50% do ancho total.

O horario será ata as 00.00 horas nos días de semana  e ata as 01.00 horas os venres, sábados e domingos en horario de inverno. En verán autorízase media hora máis. Haberá horarios especiais coincidindo con festas ou eventos públicos.

Para a Alameda créase unha regulación especial, que consiste nun mapa de ocupación que será elaborado polo Concello en función das solicitudes presentadas polos hostaleiros.

O novo texto regula tamén que as mesas deben colocarse a carón da liña de fachada, o tipo de elementos que se poden colocar e a resolución das posibles disputas por solicitudes de ocupación dos mesmos espazos para os casos de locais apegados.

Ao dispor dun título administrativo habilitante por parte do Concello, os hostaleiros deberán subscribir unha póliza de seguro de responsabilidade civil. Deste xeito, quedarán cubertos diante de posibles reclamacións de clientes e/ou terceiros, polo que poderán realizar a súa actividade coa mesma seguridade xurídica que no interior dos seus locais.

Entre as obrigas destaca tamén a obriga de recoller as terrazas todos os días e deixar completamente limpo o espazo ocupado.

O alcalde, Andrés Díaz, subliñou que queda claro que a ordenanza non ten un obxectivo recadatorio, toda vez que se renuncia a implantar taxa, senón exclusivamente  regulatorio. “Creo que os hostaleiros entenderon perfectamente que se a actividade está ordenada cun marco legal e contan cunha licenza municipal, poden facer o seu traballo moito máis tranquilos”.

O alcalde conclúe que esta ordenanza, como todas as que se tramitan no Concello de Ponte Caldelas, nace cun espírito moi participativo e por iso, antes mesmo de sometela a exposición pública, foi obxecto dunha presentación ao sector, ao que anima a facer todas as achegas e alegacións que estime oportunas. Neste eido lembrou que o Goberno local caldelán apostou dende o primeiro momento polo impulso a hostalería como un subsector moi importante na economía local e por iso esta ordenanza nace dun traballo conxunto cos afectados.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver